jueves, 24 de febrero de 2011

Inicio e presentación

Boas a todos!


Estades perante un blog a medio facer... en realidade estades a ve-los seus primeiros pasos. Con esta entrada pretendo darvos a benvida a un intento por aumentar o mundo friki en Ourense, que moi o meu pesar e ós dos meus amigos, cada día parece que languidece e se aproxima irremesiblemente a súa desaparición. Ante esta penosa situación, pretendemos abri-la cultura desta cidade a un mundo esquecido, odiado e repudiado na maior parte dos ámbitos, pero que queiramos ou non forma parte de nós.


Todos somos frikis, e iso é bó.


Non o afirmo á lixeira. Todos temos unha afición denostada polo grande público, un anhelo de información sobre un determinado campo que só se solventa en reducidos e pechados círculos, en Avernos ocultos ós ollos da creación (e aquí se demostra que o título do benquerido blog non é ó azar). Para solucionar esa necesidade de cultura extraña ou oculta ós grandes canais, estaremos nós.


Os autores deste blog comprometémonos a informar sobre temas tan dispares como literatura, cinefilia ou xogos en tódolos soportes, de mesa, tradicionais, videoxogos ou a estrela, o Rol. Nese senso, pouco a pouco irémosvos descubrindo este mundillo tan absorbente.
Como non todo na vida dun friki é falar de libros, pelis e xogos, tamén nos preocuparemos de publicar noticias, da nosa cidade e de fóra, sobre calquera tema relacionado coa etiqueta friki.


Sen máis, benvidos, agardamos de todo corazón que sexamos de utilidade e que logremos contribuír ó mantemento e crecemento do mundo friki ourensán.


Que a forza vos acompañe