Boas amigos, levamos moito sen publicar e iso merece unha explicación.
Pois ben, non a hai, simplemente estamos ocupados de máis estes días.
Pero para paliar este mes e medio sen publicar (e inda o que falta ata que volvamos a facelo en serio) vouvos a deixar coas ganas e abrirvos o apetito lector por este blog coas novidades que nos agardan.
Que levemos moito sen pasar por acó non quita que non teñamos ideas para entretervos en verán, entre elas, novas críticas a series, novelas e filmes, un artigo sobre a E3 que se nos retrasa e retrasa (pero prometemos que sairá) e incluso unha idea novedosa no noso estilo de publicación que estamos a madurar (e ata aquí podo ler de momento)
Por último, agradecer a morea de visitas das que fumos pacientes recibidores, sobre todo de latinoamérica, a cal se revelou como fonte inesgotable das mesmas (aos non galegofalantes, recórdovos que os meus artigos están en galego, non en portugués, por moito que google translate diga o contrario)
Espero que isto vos dea ganas de continuar léndonos, de todas formas, teredes noticias nosas en breve.
E recordade, non porque o sol brille estades exentos de perigo, mantede sempre un turno de garda, o inimigo sempre agarda a que esteades indefensos para atacar.