viernes, 6 de mayo de 2011

Historias vs Efectos especiais, avance ou retroceso?

Hoxe voume desmarcar da miña liña habitual de post, para introducir un tema polémico neste mundillo, o avance dos efectos especiais e tan aparente caída na calidade das historias.
Todo isto ven inspirado polo filme de Dune. Como pudestes comprobar na entrada de Minos, Clásicos de la literatura fantástica II, a historia de Dune é tremendamente absorbente. Rodada en 1984, hoxe é unha obra de culto que na súa época pasou desapercibida, quizais polo afán de Universal Pictures de convertir unha gran adaptación de 8 horas de metraxe nunha película comercial de 137 minutos, forzando a trama máis do debido e convertíndoa nunha película complexa para a época; ou pode que polo enigmático do rodar de David Lynch.
O certo e que se ben é unha obra de culto hoxe, non goza da popularidade dunha saga que comezaría en 1977 e que encandilou a propios e extraños. Estou a falar, como non, de Star Wars. Esta, sorprendentemente basada entre moitas outras na propia novela de Dune ( cando fixeron a adaptación, tanto Frank Herbert como David Lynch atoparon 16 coincidencias que facían que o parecido entre as mesmas fose claro cunha probabilidade superior o nº de estrelas coñecidas no ceo), fixo especial fincapé no novedoso dos efectos especiais, e resultou todo un éxito.

Sen desmerece-la historia (que como a maioría de frikis me ten encandilado), o realmente impactante de Star Wars foron sempre os avanzados efectos especiais. Isto, apoiado por un marketing sorpendente, que convertiría a saga na franquicia de Hollywood máis rentable; fixo que esta película acapare o noso recordo, postergando Dune ó esquecemento.

Isto é só un exemplo, pero a saga ten máis. Se agora comparamos a triloxía antiga coa moderna, vemos sustanciais diferencias no criterio dos seguidores. Para algúns esta nova triloxía é unha maravilla visual, para moitos, perdeuse a esencia de Star Wars, convertíndoa nun filme comercial barato (en canto a calificación, xa que estas tres non foron precisamente económicas).

Sen esquecernos dos filmes, se vemos os videoxogos, pasa o mesmo. A ver se me explico, nunha das industrias máis potentes, vamos pouco a pouco perdendo orixinalidade argumental para centrarnos nunha calidade visual bárbara. Así, todos estamos relativamente fartos de marines espaciais calvos, adaptacións de novelas de Tom Clancy ou videoxogos de terror preocupantemente semellantes a Resident Evil.

Así que aquí vos deixo a pregunta: que preferides que vos impacte dun filme, novela (a falta de orixinalidade no terreo literario é inda máis preocupante) ou videoxogo? unha historia orixinal, ou que simplemente estea ben contada?

Debo dicir que no noso grupo, este tema é polémico. Sen desmerecer ningunha das partes, o certo é que sempre buscamos un equilibrio entre visual e histórico. A min, particularmente, non me da vergoña recoñecer que se me conquista dende o terreo visual, e non esixo un argumento complexo para mostrar unha gran realización visual (e aquí entro en discrepancia clara coa opinión de Éaco na súa crítica de Sucker Punch, xa que non me pareceu tan absurda e sí moi impactante); se ben prefiro ante todo un argumento novo en escea.

Así que agardo enchades isto de comentarios mostrando a vosa opinión, se estades dispostos a tolerar un certo dejá vu para compensalo con grandes doses de efectos visuais, ou preferides que a acción se desenrole nun cuarto estático, pero teña un guión repleto de xiros argumentais.

Así que xa sabedes, continuade no fondo!!

5 comentarios:

  1. Teño unhas cantas cousas que comentar. A primeira, e máis importante; estou moi, moi sorprendido ante a desaparición do artigo "o" no título das túas publicacións XDD... E tamén felicitarte polo artigo, é interesante o que plantexas, que non orixinal XDDD... Segunda cuestión a comentar, estou totalmente de acordo en que estamos nunha época onde as ideas orixinais escasean, e iso é unha pena sen ningunha dúbida. Terceiro punto, penso que se pode combinar de maneira satisfactoria efectos especiais (máis ou menos decentes) e unha historia ben contada (Batman o Cabaleiro Oscuro, Orixen, e outras que nestes momento non recordo, pero que existen) Só unha cousa maís en canto a películas, recoméndoche que vexas "The Man from Earth" película de ciencia ficción que lle pasa por encima a calquera do seu xénero por moitos efectos especais que ista teña, por qué? cando a vexas valo comprender. E cuarto e último punto, os videoxogos; que podo decir deles, sen dúbida, penso que é onde máis ideas nacen, non sei se son moito ou pouco orixinais, pero esforzo non falta, por parte desta industria, en mostrar algo novo. Algunhas veces saelle ben, outras, mellor que non o houberan intentado. Pero neste punto, a verdade, é que a miña pèrspectiva cambia, xa que se o xogo ten uns gráficos epectaculares e a xogabilidade é boa xa non lle pido máis. Pódenme estar contando a historia máis absurda do mundo que o vou xogar.Isto supoño que tamén é debido a que non e o mesmo unha película, un videoxogo ou un libro, dependendo se é unha ou outra cousa vas esixirlle uns elementos ou outros. E creo que xa é hora de ir rematando, simplemente reiterar que me gustou o artigo. Da xogo para despotricar sen sentido, e isto penso que é unha proba evidente.

    ResponderEliminar
  2. Veo que cumples tu palabra Radamantis, la entrada está bien en general. Solo una cosa me saca de quicio. Tardé media hora en ubicar eso de "sucker punch" exijo que de ahora en adelante utilices para referirte a ello su sinónimo mucho más distendido que viene siendo como todos sabeis "mierda de pelicula", o "desperdicio amorfo inexcrutable" en su versión culta.
    Una vez dicho esto yo, extremista como de costumbre, me decando indudablemente por la historia(entendiendo esta como argumento profundo, reflexivo, intrigante, sorprendente, con multiples lecturas, junto con dialogos y personajes integros en una ambientación bien asentada), que tampoco tiene por que ser original pues como comenté en anteriores post creo que la originalidad ha muerto. Simplemente puedes cojer 15 tópicos distintos y mezclarlos de forma magistral(lo que James Cameron intentó y no consiguió entonces dijo, bueno le meto 50 millones más en brillo y post-procesado).
    Como yo digo siempre lo que importa en una obra de arte es que este "bien cortada".
    Incluso algo original con 100 millones de presupuesto y sin ningún pormenor concreto puede ser una basura("Choque de titanes" vervi gracia).
    Me baso en mis creencias en el concepto(un tanto vago lo admito) de obra universal que coloquialmente es aquella que puede ser disfrutada en cualquier tiempo o lugar, osea, que es intemporal(y ubicua jeje). Obviamente la forma siempre cambiará, desde la linea de expresión hasta el formato. Luegoentonces para hacer de algo una obra maestra debe tener algo más que unos efectos cañeros(que serán tarde o temprano mejorados relegando a la anterior obra a una curiosidad en el desarrollo del medio) debe tener un alma indefinible, y eso amigos mios no se saca de un ordenador.
    Para acabar una referencia al comentario de Éaco, es verdad que en tu busqueda de juegos siempre le dás predominio a visual y jugabilidad pero también es verdad que los juegos más viciantes son los más simples(tetris) y que los juegos que marcan una infancia son los que tienen una gran historia y unos increibles personajes aunque solo veas cuadrados en la pantalla (MGS, FFvii).
    Por otro lado tienes razón Éaco, hay material para despotricar.

    ResponderEliminar
  3. David, quien si no xD9 de mayo de 2011, 20:35

    la cosa es facil, las peliculas de ciencia ficcion sin efectos especiales no venden, a veces la gente se olvida de que esto es un NEGOCIO, no es ni para que los fans esten tranquilos o coman bien o para que se sientan orgullosos, si ahora por ejemplo esta ultima es una autentica bazofia, me temo, y barre en las taquillas, es decir, barre "$$$$$$" no tengas ninguna duda de que van a hacer una igual o peor.

    el caso es simple o ganas pasta o no tienes trabajo, y solamente pueden permitirse aceptar guiones extravagantes genios consolidados como scorsese shutter island aronofsky con cisne negro, pero sobre todo Nolan con Origen

    ResponderEliminar
  4. Origen a mi entender no tiene nada de extravagante, solo es un thriller de acción bien hecho que va de "rara", con intentos de obtener una pseudo profundidad filosófica, intentos bastante cutres por cierto.

    ResponderEliminar
  5. Primeiro, o artigo ''O'' e mais eu estamos en trámites de divorcio (alega que o agobio demasiado, eu coido que esaxera).

    Segundo, non escribo para vanagloria do meu ser, así que os eloxios ó artigo sobran se son eu o autor, simplemente comentade sen perdervos en florituras protocolarias baldías e eu non vos bombardearei con circunloquios redundantes.

    Terceiro, vale que es extremista e que só mostras a túa opinión, pero non penso tolerar que sexas tan gratuíto con Sucker Punch simplemente porque fuches ó cine sen saber que ías ver, e cunha idea preconcebida cando xa o trailer estaba a deixar claro os derroteros da mesma.

    Cuarto, evidentemente é un negocio, David (búscate outro nome clave, será máis gracioso así) pero non me baso só niso como criterio. Evidentemente que é máis sinxelo rendirte á moda e facer unha peli normal de adolescentes con poderes sobrenaturais e pelexas emocionais, pero o que falo é do VOSO criterio, é dicir, se opinades que este é un bó camiño para o arte, porque TODOS temos claro que si o é para a industria.

    ResponderEliminar