martes, 26 de julio de 2011

Cando te descubres vendo Disney Channel

Como podedes ver, este artigo trata sobre un fenómeno sorprendente, polo menos dende a miña óptica.

Vouvos a falar dunha serie que descubrimos por casual e sen a cal non podemos vivir, trátase de Phineas y Ferb, producción orixinal do Disney Channel que debemos destacar pola calidade do seu guión.

A idea do capítulo é moi sinxela: Phineas, o roibo de cara triangular e mailo seu irmán Ferb, un inglés adoptado de pelo verde, atópanse coma nos agora de vacacións de verán. Para solventar as aburridas tardes de verán, cada día suxiren unha nova idea, construír unha montaña rusa, arrenxar unha máquina do tempo ou crear unha praia no xardín son unhas das felices ideas que terán estes pícaros.

Para darlle máis salsa ó asunto, temos a Candace, a irmá cotilla, a cal ten como plan de verán falar por teléfono coa súa mellor amiga, intentar ligar con Jeremi e sobre todo e ante todo, denunciar cada día a aventura que Phineas e Ferb estean a facer.

Ademais, tamén teremos a colaboración de Perry, o ornitorrinco mascota de ambos, o cal é un axente segredo (axente P, descubriredes que os nomes son moi orixinais) que permanentemente pelexa contra o Dr. Doofersmith, o malvado propietario da Doofersmith Evil Inc, a cal se dedica a crear absurdos plans para a dominación da área dos Tres Estados. As pelexas recurrentes entre eles aportan un aquel de gracia, ademais de servir como recurso que borra e elimina as megaconstruccións ás que Phineas e Ferb son tan aficionados xusto a tempo para que a nai, capítulo tras capítulo e para desesperación de Candace, non os pille coas mans na masa.

Se lle prestades unha atenta ollada ós capítulos descubriredes un elenco de secundarios bastante bó, dende os compañeiros de curso dos irmáns como os pais ( envexable o papel do pai destes pillos, adoro a ese tío). E por suposto, o que acaba por conquistarnos é a calidade dos seus diálogos, que non deixan indiferente a un bo friki. Ademais, e como bos debuxos Disney, teñen un apartado musical máis que decente.

Polo tanto e en resumo, unha serie altamente recomendable, a cal inevitablemente vos fará descubrir vendo coma parvos Disney Channel!

2 comentarios:

  1. Interesante. Hai tempo que non vexo o disney channel, pero vese que teño que volver ás andadas!!
    Saúdos desde terras inglesas!!

    ResponderEliminar
  2. Esta serie ya la veia mi hermano, jajaja, y esta muy bien; ademas tiene una banda sonora genial con algunos temas de Rock&Roll, dignos de Chuck Berry jajajaja.

    Me parece que en la pelicua que estan haciendo de ellos sale Slash jajaja.

    ResponderEliminar